El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

O Ministerio destinará 12 millóns de euros a Galicia para o Plan Urxente de Reorientación de Desempregados

26-06-2008

O ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, reuniuse coas comunidades autónomas no marco da primeira Conferencia Sectorial para Asuntos Laborais de esta lexislatura, na que se analizou a distribución dos 201 millóns de euros e os 1.500 orientadores do plan urxente para recolocar ós desempregados. A proposta, segundo o Consello de Ministros do pasado 18 de abril, deixaría en Galiza un total de 12.260.190,83 euros. Esta cifra desglósase en 2.815.063,61 para cualificación específica do persoal das oficinas de emprego, búsqueda de emprego, movilidade xeográfica, promoción de emprego autónomo e formación profesional para o emprego en 2008, e 5.630.127,22 euros para 2009. Ademáis, o número de orientadores será de 109, con 1.271.666,67 para 2008 e 2.543.333,33 para 2009. Ricardo Varela, conselleiro de Traballo, representante da Xunta de Galicia nesta XXXVIII Conferencia Sectorial para Asuntos Laborais, mostrouse de acordo coas partidas e ofreceu unha visión positiva da reunión. ?Esta conferencia sectorial ten sido moi positiva. Acordamos un plano de choque que vai permitir mellorar nas políticas de recursos humanos en cuanto a capacidade de orientadores e profesionais, é dicir, de técnicos de emprego, no conxunto das comunidades?, manifestou Varela. ?En cuanto á mellora das capacidades de formación e un esforzo suplementario en formación e das propias políticas activas, se vai, por parte de ministerio, poñer a disposición unhas partidas que permitirán desenvolver estes planos de choque. En Galicia xa temos posto un plan de reacondicionamento de recursos humanos dos sectores que teñen excedentes á aqueles sectores que teñen unha maior demanda, dous exemplos clásicos son ó paso de traballadores do sector da construción ó metal, e precisamos técnicos que encaucen ós traballadores. Creemos que é unha boa noticia e unha política que ven a acompañar á que xa estamos poñendo en marcha na Xunta hai un tempo, como é o caso que se está a levar a cabo en Ferrol para reorientar ós traballadores da construción ó sector naval?, agregou. Para Varela, estas actuación están ?na mesma línea? cas da Xunta, polo que ?fortalecerán as nosas políticas con recursos económicos. Son boas todas aquelas iniciativas que nos permiten operar con máis axilidade, flexibilidade e rapidez no mercado laboral?. En termos de eficacia das medidas para paliar a crise económica que está a vivir o estado, Varela mostrouse optimista: ?Galicia nestos momentos ten unha situación menos complicada ca do resto de España. Segundo a EPA (Enquisa de Poboación Activa), Galicia ten unha tasa menor de desemprego, de case un punto menos ca media de España; e, en canto ó paro rexistrado, no mes pasado diminuíu o paro en canto que no conxunto de España aumentaba. Polo tanto, creo que estamos nunha situación máis Traballo busca acadar un acordo e levar a cabo a orden a ministerial preceptiva despois do verán.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias