Sociedad
08-07-2008
A Deputación da Coruña colaborará económicamente co Concello de Ortigueira na organización da XXIV edición do Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebarará neste concello coruñés os vindeiros días 10,11, 12 e 13 de xullo.
Esta colaboración articúlase a través do convenio asinado polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón Martínez, no que se contempla unha aportación de 100.000 euros por parte da Deputación para cubrir parte dos gastos da organización deste evento, un dos máis importantes de cantos se celebran para a difusión da música celta.
Segundo se recolle no protocolo suscrito, a institución provincial contará cun posto no recinto do festival e reservarase un espazo destinado á emisión de videos puiblicitarios da Deputación entre as actuacións artísticas do escenario principal.
Fernández Moreda e Girón salientaron a colaboración entre ambas administracións que posibilitará a celebración desta nova edición dun festival declarado de interese turístico nacional e internacional e que xa se ten consolidado como unha das citas imprescindibles do verán para os afeccionados a este tipo de música.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias