El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Aberto o plazo de matrícula na Universidade da Coruña para os alumnos de primeiro

14-07-2008

A partir de este lunes 14, e ata o vindeiro 31 deste mes, a Universidade da Coruña UDC manterá aberta a convocatoria para os estudiantes que accedan por primeira vez á institución docente e se matriculen en primeiro curso dalgunha titulación sen límite de prazas. A UDC ofrece por segundo ano a posibilidade de que os alumnos se matriculen a través de internet no enderezo http://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro. Para facilitar a matrícula a través da rede, a Universidade poñerá a disposición de todos os estudantes os ordenadores das Aulas Net dos centros. Segundo os datos estatísticos, o 51,02% dos estudiantes do curso 2007/08 optaron por formalizar a súa matrícula a través de internet. Para favorecer esta opción, a Universidade sorteará seis ordenadores e 100 ?pen-drivers? entre os alumnos que escollan esta modalidade de matrícula. O sorteo público celebraráse o 31 de outubro ás 10 horas no edificio da Reitoría e a listaxe de premiados publicarase nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade e na Vicerreitoría de Ferrol e Relación Universidade-Empresa. Os beneficiarios terán un prazo dun mes para recoller o seu premio. Os alumnos que desexen matricularse de forma ordinaria poderán acudir ao persoal de administración dos centros e realizar os trámites do xeito habitual. Os estudiantes que queiran matricularse nos centros con límite de praza poderán facelo, unha vez estean admitidos, do 21 ao 23 de xullo para o alumnado convocado dos colectivos de Probas de Acceso á Universidade, Formación Profesional e maiores de 25 anos. Establécese un segundo prazo, do 29 ao 31 de xullo, para este alumnado. Os prazos posteriores comezarán a partir do 1 de setembro, segundo as listaxes da Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG). Entre o 8 e 19 de setembro ou entre o 6 e o 17 de outubro deberán matricularse aqueles alumnos que acceden a primeiro ou segundo ciclo en titulacións sen límite de prazas e alumnos que continúan os mesmos estudios. Os admitidos nos segundos ciclos con límite de prazas poderán realizar a matrícula en tres prazos no mes de setembro ou no mes de outubro. Para obter máis información pódese consultar a páxina web http://www.udc.es/documentos/matricula0809.asp. Así mesmo, o prazo de matrícula tamén estará aberto para os másteres oficiais ata o 14 de agosto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias