El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

As mulleres novas xa superan aos homes en axudas á incorporación ás explotacións rurais

15-07-2008

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, resaltou o "cambio de tendencia importante na presencia do traballo femenino nas explotacións agrarias e gandeiras de Galicia", con axudas para a incorporación de xóvenes ás explotacións que no período 2005-2007 superaron ás dos homes. Así o indicou na presentación do libro "Historias da vida no medio rural", que tivo lugar na Diputación provincial de Lugo. O volume, editado pola Federación de asociacións de mulleres rurais (Fademur), supón para Varela "unha lección de dignidade e compromiso para seguir traballando co obxetivo de que a igualdade, a liberdade e o recoñecemento sexan dereitos palpables e plenos de todas as mulleres galegas". O titular de Traballo reiterou o compromiso da Xunta coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, resaltando as políticas dos últimos tres anos, coas que "alcanzamos un clima propicio para o diálogo e a participación social no que debemos continuar". Non obstante, Varela fixo un chamamento para non caer na autocomplacencia, porque aínda queda "camiño por andar para que nesta sociedade non haxa unha sola muller dominada, discriminada, maltratada ou olvidada". Políticas transversais Entre os avances alcanzados nos últimos anos pola Xunta, o titular de Traballo mencionou a elaboración da Lei de Traballo en Igualdade das mulleres de Galicia, e a de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, así como a aplicación de políticas de transversalidade en clave de xénero. Tamén aludiu as iniciativas impulsadas polo Gobierno central, dende a Lei de Dependencia á de desarrollo sostible no medio rural. O conselleiro indicou que se pasou "dunha situación na que as mulleres apenas tiñan acceso á información, nin máis alternativa que as tarefas domésticas, a unha realidade de oportunidades, con mulleres formadas e con máis capacidade para dirixir". No acto participou tamén o presidente da Diputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que mostrou o apoio da entidade ás mulleres rurais galegas, resaltando o feito de que o 52% dos titulares de explotacións en Galicia son mulleres. 250 mulleres rurais de toda Galicia déronse cita na presentación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias