El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Fía na Roca inicia xira por Uruguai e Arxentina

15-07-2008

O grupo Fía na Roca emprende unha xira por Uruguai e Arxentina que se prolongará do 21 ao 26 de xullo. A primeira parada da pequena xira de Fía na Roca terá lugar en Uruguai o día 21 de xullo, no Teatro Solís de Montevideo, organizado pola Unión de Sociedades Gallegas da capital uruguaia. O venres 25 de xullo, e con motivo da conmemoración do Día da Patria, Fía na Roca actuarán no Teatro Bambalinas de Buenos Aires como convidados de excepción aos festexos do Día de Galicia a cargo do Centro Galego Peroxano. Ao día seguinte, o sábado 26 de xullo, no Parque 3 de Febrero da capital arxentina, terá lugar o terceiro e último concerto de Fía na Roca. Nel o grupo interpretará temas do seu último traballo, 'Vente Vindo', e tamén farán repaso aos seus éxitos anteriores, con motivo do seu quince aniversario. Sonia Lebedynski, Xosé Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrigues, Roberto Santamarina, Xabier Olite e Roberto Rama forman Fía na Roca. Para os que queira ver a Fía na Roca sen ter que saír do país, teñen unha cita co grupo en Zas, na Carballeira, o día 2 de agosto.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias