El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Galicia celebra este mércores o seu día grande na Festa Marítima Internacional de Brest

15-07-2008

A Festa Marítima Internacional de Brest celebra este mércores o Día de Galicia, un recoñecemento ao seu papel de país convidado de honra nesta edición da festa. A delegación galega ten preparada unha programación especial para amosarlle ao mundo o patrimonio marítimo e cultural da comunidade, con actos que se desenvolverán durante o día e a noite tanto en terra coma no mar. O Village Galice, un espazo no corazón do evento, acollerá ás 11 da mañá o acto de presentación pública de Galicia en Brest, presidido pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo e o alcalde de Brest. De seguido terá lugar a botadura dunha dorna que se construíu durante estes días no propio village galego á vista dos visitantes que se achegan a coñecer as particularidades da cultura marítima galega. A partir das 14.30 e ata as 17 horas, a frota galega, composta por 25 barcos que representan a diversidade do noso patrimonio ligado ao mar e aos ríos, protagonizarán un desfile comentado por megafonía. Navegarán ao longo do peirao de Brest e as persoas visitantes poderán contemplar todas as nosas embarcacións. Este desfile repetirase logo á noite, cando os barcos galegos encabezarán un desfile de veleiros europeos que contará con iluminación e música ambiente. En terra, Leilía impartirá unha nova lección de baile tradicional, e de seguido, músicos dos dous países ofrecerán un concerto e un baile conxunto no escenario xeral da Festa Marítima. A música volverá despois ao espazo galego cun concerto conxunto entre Leilía e Treixadura.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias