El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Cultur.gal se traslada a A Coruña e celebrarase en decembro

18-07-2008

A Feira Galega das Industrias Culturais, o Cultur.gal, trasládase á Coruña e celebrarase no mes de decembro, despois de ter a súa primeira experiencia en Pontevedra en maio do ano pasado. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará; a concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo; o director da feira, Nel Vidal, e Fran Alonso, como representante da cultura galega, presentaron hoxe a Feira Galega das Industrias Culturais, Cultur.gal 08. A cita das empresas galegas dedicadas ao mundo da produción e divulgación de contidos culturais será entre os días 4 e 7 de decembro no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña. Organizada pola Consellería de Cultura, esta segunda edición do evento busca aumentar a participación de profesionais e do público en xeral, dar a coñecer como se artella o sector e facer máis visible a actuación destas empresas. Por outra banda, Cultur.gal proponse como obxectivo constituírse nunha plataforma que se erixa en referencia anual imprescindible para os profesionais do sector, que lle dea un maior impulso as creacións culturais galegas. A feira ofrecerá unha visión integral da produción cultural en Galicia, dende as artes escénicas, ao audiovisual, pasando polo libro, a música e as novas tecnoloxías, sen esquecer os servizos socioculturais. Neste encontro tamén se recoñecerá a importancia do deseño gráfico, da publicidade, das artes visuais ou da serigrafía como sectores implicados no desenvolvemento cultural. Ademais das actividades destinadas ao público profesional, Cultur.gal 08 abre as súas instalacións aos visitantes en xeral como forma de achegar a ampla oferta cultural a todos os galegos. De feito, programouse un conxunto de actividades específico para os curiosos que queiran achegarse ata Palexco: actuacións musicais, proxeccións, obradoiros, presentacións de libros, discos, actividades infantís, mesas redondas...





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias