Sociedad
21-07-2008
A Festa da Carballeira de Zas presenta no cartaz da súa 25ª edición a algúns dos grupos que pasaron pola festa en anos anteriores. Como cada ano, na primeira fin de semana de agosto, os devotos á música folk acudirán ao concello coruñés para vivir dous días de troula.
Así, o venres día 1 de agosto, pasarán pola Carballeira o grupo galego Birimbao, os vascos Briganthya e os vallisoletanos Trisquel. O sábado día 2 a partir das 18 horas, actuarán os grupos de baile da Asociación Cultural Castro-Meda de Zas, a banda Os Campantes, o grupo de bailes populares Iar e a banda de gaitas Ferreñas de Vilamaior.
O punto álxido chegará o sábado día 2 a partir das 22 horas, co directo de Fía na Roca e Luar na Lubre, dos portugueses A Quadrilha, e os escoceses Wolfstone e Clanadonia.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias