Sociedad
23-07-2008
A XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Vigo abre este xoves 24 as súas portas cun total de 14 expositores procedentes de Vigo e do resto do país, principalmente de Valencia. A feira permanecerá aberta ata o 10 de agosto na Praza de Compostela.
Representantes do Concello de Vigo e da Consellería de Cultura asistirán o xoves ás 20 horas ao acto de apertura oficial da feira, ao que tamén acudirán o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño, e o coordinador da feira, Antonio Fernández Maira.
En total, poranse á venda máis de 100.000 exemplares de libros antigos, vellos, de saldo e de ocasión, así como revistas, xornais, carteis publicitarios, documentacións profesionais, cómics e calquera outro material impreso curioso, antigo ou histórico.
A organización destaca unha "ampla representación bibliográfica" de autores e temáticas de Galicia, así como un gran número de primeiras edicións de autores dos séculos XVIII, XIX e principios do XX.
Así, dentro da feira poderanse adquirir primeiras edicións de libros de Unamuno, Baroja, Gómez de La Serna, Pi i Margall, Marañón, Rosalía, Cunqueiro, Valle Inclán, Otero Pedrayo, Fernández Flores e Pondal, entre outros.
Entre as librerías participantes atópanse as viguesas Rivero, Maxtor, Solpor. De fóra de Galcia atópanse as valencianas Asilo del Libro, Torres, Al Tossal, Marcos Cachuan e Gustavo Blázquez, así como as madrileñas Camino de Santiago e Bibliomanía. Dende Ponferrada, achegarase a librería Cajón de Sastre, de León a Camino de Santiago, de Rueda Libros Pariente e de Asturias Libros Personajes.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias