El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

La Mala Rodríguez centra os espectáculos en Santiago a véspera do Día do Apóstolo

23-07-2008

La Mala Rodríguez presenta este jueves en Santiago o seu último traballo, 'Ojo con la Mala', dentro do programa das Festas do Apóstolo. A cantante andaluza inicia en Compostela unha xira que non retomará ata o vindeiro ano. Na xornada previa ao Día Grande de Galicia, haberá gaiteiros polas rúas e un encontro de xigantes e cabezudos xa pola mañá. Pola tarde, celebrarase unha nova xornada de Ferradura Aberta e un concerto da Banda Municipal de Música. Los Caporales ofrecerán o seu espectáculo no Toural e a encargada de animar a noite na Alameda será a orquestra Armonía Show. O momento máis esperado chegará ás 23.30 horas, cando comece o espectáculo de luz, son e auga da queima da fachada gótica no Obradoiro. Arderán máis de 1.000 quilos de material pirotécnico fornecido pola empresa de Ricardo Caballer. A principal novidade deste ano e a utilización dunha fonte cibernética de 22 metros e 20.000 litros de auga. Ademais empregarán 2.500 metros cadrados de fachada da Catedral para proxectar os datos referidos á parte audiovisual do espectáculo. Os fogos, as imaxes, a música e a auga darán a benvida ao Día Grande de Galicia, o 25 de xullo. Un espectáculo que durará máis de trinta minutos e que intentará transmitir os valores do desenvolvemento sostible e a biodiversidade. Tralo remate dos fogos será o momento de vibrar cos sons hiphoperos da andaluza La Mala Rodríguez, así como con Refree e a Orixinal Jazz Orquestra Taller de Músics. Ademais, no Toural terá lugar, á unha da mañá, a actuación de Los reyes del KO. Lamatumbá e The International Noise Conspiracy Mentres, no Campus Sur, comezará a sétima edición do Festigal, baixo o lema 'Nunca tal se viu!', coa presenza dos suecos The (International) Noise Conspiracy e dos ourensáns Lamatumbá como prato forte. Antes, a partir das 23.00 horas da noite intervirán os estradenses Nao, seguidos do grupo parisino de electric-jazz Caravan Palace. Pero as actividades comezan xa ás 11.00, en concreto na Galería de Cultura Tradicional, unha das novidades desta sétima edición. Na Galería das Ideas, a primeira mesa redonda tratará sobre o centenario de Curros Enríquez e comezará ás 13 horas. Os outros debates da Galería das Ideas serán, ás 17.30 'Neoliberalismo e crise: na procura de alternativas' e ás 19.30, 'Tres anos de goberno, tres anos de cambio transformador', no que participarán a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal. A Galería das Letras contará coa presentación de revistas, libros e un recital poético no que intervirán con Olalla Cociña, Antía Otero, Lorena Souto e Rosa Enríquez. O festival contará coa colaboración da Sala Nasa, onde se proxectarán nesta primeira xornada 15 curtas e documentais. Os asistentes poderán ver dúas exposicións, visitar postos de venda de libros e outros materiais e tamén gozar das actuacións de varios grupos de música tradicional e jazz que actúan no café-concerto. Para o día 25 están previstas as actuacións de Víctor Aneiros, Quempallou, Berrogüetto e Pablo Milanés.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias