El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Goberno destinará a Galicia máis dun 18% do investimento estatal para o desenvolvemento da TDT

29-07-2008

O secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, participou en Madrid na conferencia sectorial de Telecomunicacións e Sociedade da Información na que se discutiu o reparto das axudas por parte do Estado ó desenvolvemento da primeira fase da Televisión Dixital Terrestre en toda España. Na reunión analizouse o reparto do orzamento para equipos de emisión. Galicia será a comunidade autónoma que máis investimento reciba por parte do Goberno, un 18,4 por cento do total para o estado. A secretaría de estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información aportará para esta primeira fase 8,7 millónes de euros ás comunidades autónomas, dos que 1,6 millóns irán destinados á Galicia. No obstante, a Xunta contará cunha maior cantidade, xa que aportará o outro 50 por cento restante para chegar ós 3.200.000 euros. Esta cifra irá destinada ó pago de emisores, reemisores e coreemisores. Esta alta cantidade débese ás condicións demográficas e orográficas de Galicia, caracterizada pola dispersión da poboación e un territorio montañoso. Salgado mostrouse satisfeito co reparto xa que responde ?á situación especialmente difícil? de Galicia ?que fai que sexa máis costoso adaptar os niveis de cobertura que nos propoñemos (o 96% para as televisión privadas e o 98% para TVE)?. Por outra banda, Salgado explicou que para esta primeira fase a inversión destinarase ós proxectos de Ourense leste e o de Santiago (este último comprende unha ampla marxe ata o mar e parte da Costa da Morte): ?Estamos a falar de uns 60 municipios de Galicia, aproximadamente o 15% da pobación, uns 415.000 habitantes?. ?O obxectivo é que a cobertura dixital sexa idéntica á que existe previamente para a analóxica, para televisións privadas e para Televisión Española (TVE). No caso da televisión autonómica (TVG) é un tema nos o específico?, concluiu o mandatario da Xunta, quen engadiu que a administración porá en funcionamento plans de información para que ?non lle pille o toro á poboación?.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias