El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Festival Intercéltico do Morrazo recupera o seu espírito máis celta

31-07-2008

Artistas de Galicia, Escocia e Irlanda compoñen un cartel cen por cen celta para a XXIV edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se desenvolverá en Moaña (Pontevedra) a partir deste xoves e ata o domingo, día 3 de agosto. Ao longo destes catro días, pasarán polo concello os irlandeses Four Men and a Dog, os escoceses Shooglenifty, e os galegos Susana Seivane, Lembranzas da ría, Noitarega, Sobre Rodas, A Gaita de Sarandón e Juanjo Fernández, amais dos cántabros Luétiga e Chema Puente e do portugués Júlio Pereira. As actividades do festival comezarán a partir das 22 horas con música tradicional galega. Noitarega e Lembranzas da ría tocarán de balde no palco do Paseo Marítimo. O venres pola tarde haberá teatro para nenos e outras actividades para o público, e xa pola noite, dentro das Noites Folk, chegará a quenda de Aira da Pedra, procedentes do Bierzo, e dos irlandeses Four Men and a Dog, que tocarán no escenario principal. A música de raíz atoparase no escenario do palco do paseo marítimo de Moaña o sábado a partir das 20 horas con Sobre Rodas e A Gaita de Sarandón, e ás 23 horas, os cántabros Luétiga e o portugués Júlio Pereira ofrecerán unha noite de folk no escenario principal. Por último, o domingo o cántabro Chema Puente e o galego Juanjo Fernández amenizarán o palco pola tarde, para deixar paso a Susana Seivane e os escoceses Shooglenifty, que actuarán a partir das 23 horas no escenario principal.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias