Sociedad
31-07-2008
O Festival Creamfields ofrecerá este sábado en Vigo quince horas de música electrónica sen descanso. O Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) será testemuña directa deste festival que ofrecerá o sábado a partires das 17.30 horas un cartel de luxo con Chemical Brother e Vitalic Live como pratos fortes. Quince horas de música para os amantes dos sons electrónico que terán a partires de agora un espazo nas Festas de Vigo, porque o evento nace coa intención de perdurar no calendario.
Neste sentido, o edil de Cultura, Xesús López, explicou que o Creamfields é unha mostra máis do cumprimento nos obxectivos marcados á hora de programar as festas deste verán: ?traer espectáculos con gran repercusión e para todo tipo de públicos?. López lembrou o gran ambiente e ?en sintonía co público vigués? creado na pasada noite por Rubén Blades, nun concerto que conseguiu achegar ao recinto a veciños e veciñas de Vigo de orixe latinoamericana.
O Festival Creamfields naceu en 1995 en Liverpool e a partires do ano 2000 foise exportando a outra lugares de Arxentina, Grecia, Australia, Eslovaquia ou Xapón. No 2004 chegou a España, concretamente a Andalucía e nesta edición a organización fixo realidade unha inquietude de anos anteriores: conseguir achegar o festival ao norte da península. No apartado técnico, os organizadores van empregar unha fórmula que xa empregaron no Weekend Dance de Madrid, que garante un festival non-stop, e dicir, que o público vigués poderá gozar de quince horas de música sen paradas para os tradicionais cambios de grupo. Así, o escenario montado no IFEVI contará con dous actos escénicos, que inaugurará a holandesa Isis ás 17.30 horas. Agoria (19 horas), Tiga (22 horas), The Chemical Brothers (23.30 horas), Vitalic Live! (01.15 horas), James Holden (02.15 horas), Richie Hawtin (03.45 horas), Derrick May (05.35 horas) e Angel Molina (07.00 horas) pasarán por este festival o sábado, unha cita con 50.000 watios de son e 150.000 de luz.
Para garantir o acceso do público, o Instituto Feiral de Vigo pon en marcha un servizo gratuíto de lanzadeiras de Vitrasa, que sairán de Eugenio Fadrique e o Areal ás 17 horas e que regresarán ao remate do último concerto.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias