Sociedad
05-08-2008
A sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa 'Manicómicos' arranca este xoves na Coruña, para espallar o riso pola cidade herculina ata o domingo, día 10. Entre os convidados na sección oficial do certame atópanse os ingleses Bash Street Theatre, os andaluces Rolabola ou os cataláns Los Galindos.
O Obelisco e a praza María Pita serán os escenarios dos humoristas, nun programa que comeza o xoves ás 19 horas da man do Grupo Electrógeno, Compañía Román, Colm O'Grady, Natalia Villanueva, Néstor Martellini e María del Aires, quen abrirá as actuacións do venres, nas que repiten tamén Villanueva e Martellini.
O sábado chegará a quenda da 'Nueva vida con José y María' de Los Galindos, así como dos números de Almacabra, Colm O Grady, Bash Street Theatre e Rolabola, co espectáculo 'Plázidos Domingos', ou de Néstor Martellini, Grupo Electrógeno e Compañía Román, que actuarán no Obelisco.
Por último, o domingo daranse cita na Coruña Natalia Villanueva, Colm O'Grady', María del Aire, Compañía Román, Almacabra, Grupo Electrógeno, Rola Bola, Los Galindos e Bash Street Theatre, que presentarán o espectáculo 'Cliffhanger'.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias