Sociedad
06-08-2008
Eva María buscará este ano o sol nas praias de Viveiro, acompañada unha vez máis dos incombustibles Fórmula V, que se reencontrarán cos máis nostálxicos. O grupo abrirá o Festival Sonearte de Viveiro, que comeza o martes día 12 ás 23 horas na Praza Pastor Díaz.
Ata o 16 de agosto, Albert Plá, La Shica, Quique González, Iván Ferreiro, The Blows, Los Coronas, The Cynics, Marky Ramone e DJ Chema Rey pasarán por esta localidade da Mariña lucense.
Así, a segunda xornada estará protagonizada polas cancións do carismático Albert Plá e polas coplas modernas de La Shica, que presentará o seu primeiro disco, 'Trabajito de Chinos'. O xoves 14 de agosto subirá ao escenario Quique González, xusto un día antes do vigués Iván Ferreiro, ex Los Planetas.
Sonearte concluirá o 16 de agosto no Campo Municipal de Fútbol coas actuacións de The Cynics, unha das bandas máis interesantes do garage-rock, The Blows, que estrearán 'Upskirts' ou Los Coronas, coa súa música instrumental. O ex batería de Los Ramones, Marky Ramone, completa o cartel da cita co público de Viveiro. Pechará a festa de madrugada DJ Chema Rey.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias