Sociedad
07-08-2008
Unha mostra fotográfica titulada 'Fontao na retina' achega este mes de agosto ás antigas escolas do complexo mineiro de Fontao, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, a historia da explotación dende unha perspectiva social.
A mostra, organizada pola Asociación de Veciños Minas da Brea e pola empresa E-Burbulla con fondos FEDER xestionados pola Consellería de Vivenda e Solo, componse de 56 fotografías da década dos corenta, 30 donadas polo museo de Pontevedra e 26 por veciños da contorna, e estará aberta ata o 15 de setembro, en horario de 18 a 22 horas.
A mostra destaca polo seu valor documental como testemuño social dunha das épocas máis singulares da historia contemporánea galega. Así, as fotografías introducen ao visitante no momento histórico da febre do wolfram, retratan as repercusións desta situación en Fontao, explican os labores mineiros, e ofrecen unha panorámica xeral da vida cotiá no poboamento, dende as tradicións aos novos costumes resultado da chegada de persoas que chegaron á localidade atraídas polos cartos do volframio.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias