Sociedad
08-08-2008
O Ministerio de Cultura desestimou a solicitude por parte da Consellería de Cultura dunha autorización para que os técnicos de Patrimonio puidesen acceder ao convento de San Francisco e analizar o seu estado de conservación.
Ante esta negativa, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo remitiu un escrito ao Xulgado Central do Contencioso Administrativo número 4 de Madrid, que ten paralizadas as obras no conxunto patrimonial, no que se lle comunica a intención de acceder en breve ao inmoble para inspeccionar o seu estado actual, xa que esta revisión "non altera o estado dos traballos". Así o comunica a Consellería de Cultura na súa web.
A Secretaría Técnica de Infraestruturas do Ministerio non autorizou esta inspección co argumento de que "o acceso está suspendido por orde xudicial" e que por tanto, a entrada ao convento estará prohibida ata que o Xulgado levante esta suspensión.
Pola súa banda, a Consellería considera que a visita dos técnicos obedece á necesidade de comprobar o posible deterioro deste conxunto monumental derivado da paralización das obras do Arquivo Histórico e da Biblioteca Pública, xa que este departamento é o encargado de protexer este Ben de Interese Cultural.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias