Sociedad
11-08-2008
O Certame Audiovisual Internacional de Curtas organizado polo Liceo de Vilagarcía abre o prazo de inscrición no certame ao que se incorporan dúas novas categorías: un premio especial do xurado e outro destinado a apoiar os novos realizadores. O prazo de inscrición remata o 15 de setembro e o festival celebrarase do 6 ao 9 de novembro.
No certame participan traballos de todos os xéneros e na sección de competición teñen cabida producións realizadas en todo o mundo, que se exhiben ao longo dos días que dura o festival.
Na sección de competición poderán participar todas aquelas curtametraxes que teñan unha duración máxima de 25 minutos e que foran rematadas despois do 1 de xaneiro de 2007.
O festival recoñecerá a calidade das curtametraxes premiadas cun total de 8 galardóns e máis de 15.000 euros. Así, repartirase un primeiro e un segundo premio ao mellor audiovisual, un premio Galicia á mellor curta en versión orixinal en galego, un premio especial de animación, un premio especial do público, o Premio Liceo Casino e outro á mellor curta realizada por un director da comarca do Salnés, así como os novos premios, que distinguirán a obra mellor vista polo xurado e a mellor curta a cargo dun novo realizador.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias