El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

El superordenador Finis Terrae resuelve un problema de 150 millones de incógnitas

12-08-2008

Un grupo mixto de investigadores das universidades de Extremadura e Vigo, xunto con técnicos do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), logrou bater o récord mundial en simulación electromagnética, resolvendo un problema desta materia de 150 millóns de incógnitas. O logro levouse a cabo utilizando o superordenador Finis Terrae, e sitúase a unha ampla distancia da anterior marca, situada en 85 millóns de incógnitas e que lograra un equipo de investigadores turco. O grupo continúa agora traballando cun novo obxectivo: alcanzar os 250 millóns de incógnitas o próximo inverno. A aplicación utilizada é o resultado dun proceso de desenvolvemento continuado do equipo investigador, iniciado no ano 1999 a través dun proxecto financiado por Navantia. O obxectivo puido cumprirse grazas á estreita colaboración entre os investigadores e os técnicos responsables do Finis Terrae. O investigador da Universidade de Vigo Fernando Obelleiro destacou que "o Finis Terrae é unha máquina estupenda para este tipo de reto. Aínda que existen máquinas máis potentes, a arquitectura de Finis Terrae é idónea para a nosa aplicación". As aplicacións prácticas deste logro céntranse na simulación do comportamento electromagnético para poder minimizar problemas no proceso de fabricación de grandes estruturas dotadas de sistemas de radio, como barcos, avións ou vehículos terrestres. "Cando constrúes un barco podes ter problemas de interferencias entre as antenas que leva. Construílo e ver que pasa é moi caro, de aí a simulación, que permite facer deseños virtuais do barco e observar tamén de forma simulada as reaccións e interaccións entre os seus distintos elementos, como o das antenas e radares", resalta Obelleiro. Cos avances alcanzados poderase predecir o comportamento electromagnético de estruturas de grandes dimensións eléctricas "cun luxo de detalles ata agora inabordable", tal como sinala outro dos investigadores do grupo, Luis Landesa. As industrias que teñan acceso a este servizo terán unha importante vantaxe competitiva. Aplicacións de biomedicina O record abre a porta tamén á aplicación do electromagnetismo computacional en campos como a biomedicina (imaxes radar para detección de tumores, influencia de terminais móbiles no corpo humano...), deseño de metamateriales (con gran importancia na creación de superlentes ou paneles de invisibilidade), ou o desenvolvemento de radares de penetración terrestre para a detección de minas antipersona ou estruturas xeolóxicas no subsolo, entre outras opcións. Predecir niveis de radiación O equipo investigador está composto polos investigadores Fernando Obelleiro e José Luis Rodríguez da Universidade de Vigo e por Luis Landesa e José Manuel Taboada da Universidad de Extremadura. Traballan de forma coordinada desde fai anos -entre outros, para a Armada e a empresa Navantia- desenvolvendo sistemas que permiten abordar, mediante cálculos en supercomputadores como o Finis Terrae, estudos de compatibilidade electromagnética, co obxectivo de detectar interferencias entre antenas ou predecir niveis de radiación perigosa. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Alberga o supercomputador Finis Terrae.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias