El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

Fuxan os Ventos reaparecen con dous concertos en Santiago vinte anos despois

03-09-2008

O grupo Fuxan os Ventos reunirase sobre o escenario case 20 anos despois da súa última actuación. O Auditorio de Galicia acollerá os dous concertos previstos pola formación para os días 18 e 19 de outubro, dentro do ciclo "Sons da diversidade", organizado pola Concellería de Cultura de Santiago. Baixo o título "Terra de soños", o espectáculo conta coa participación de amigos da banda para reinterpretar algúns dos seus temas máis emblemáticos, como "A Carolina" ou "Sementeira", amplamente difundidos nos oito discos editados e nunha traxectoria de máis de tres décadas. "Terra de soños" escenificará o estreito vínculo entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do folk do país. Ademais das colaboracións dos máis destacados músicos do panorama galego actual, Fuxan os Ventos contará co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias