El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

Arteixo, Culleredo, Cee e Viana do Bolo terán un sinal de TDT máis potente

05-09-2008

O operador público galego de telecomunicacións Retegal e a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta reforzan con catro novos tramos de radioenlaces dixitais a rede pública de transporte de sinais de TDT. Cada un dos novos radioenlaces, destinados á mellora da conectividade dos centros da rede de difusión da Xunta e da cobertura da TDT, pode transportar datos a unha melocidade de 34 megas por segundo en ambos sentidos e de xeito simultáneo. Os equipos garanten ademais un servizo ininterrumpido ante calquera incidencia, xa que no caso de fallo dalgún compoñente, entra en funcionamento un equipo de reserva. Os novos tramos desta rede pública de transmisión dixital son os de Bailadora?Arteixo de 26 Km; Mesón do Vento?Culleredo de 8 Km; Muros?Cee de 19 Km, e Cabeza de Manzaneda?Viana do Bolo de 17 Km. Así, os novos equipos van mellorarán a calidade de transmisións de TDT principalmente nos concellos de Arteixo, Culleredo, Cee e Viana do Bolo, ao tempo que facilitan o despregue de futuros servizos de comunicación dixital. Estas actuacións supoñen un investimento de preto de 200.000 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias