Sociedad
12-09-2008
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organiza un curso no que expertos e profesionais dos medios de comunicación social debaterán sobre os modelos e a organización dos medios públicos na actualidade. Dirixida polo catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago Xosé López, a actividade desenvolverase os días 22 e 23 de setembro no Mosteiro de Aciveiro, situado no concello pontevedrés de Forcarei.
As xornadas pretende avaliar os cambios experimentados no panorama mediático, coa fin de reflexionar sobre as implicacións que conlevan os procesos de transformación en marcha para Galicia, para España e para a Unión Europea. O obxectivo é ofrecer unha radiografía dos pasos dados nos últimos anos para cambiar o modelo dos medios de comunicación públicos nos principais países da UE e suxerir liñas de actuación para o futuro.
Entre os especialistas que participarán neste novo curso da UIMP atópase o catedrático de Comunicación Audiovisual da Complutense de Madrid, Enrique Bustamante, involucrado na reforma dos medios de comunicación estatais, e o corresponsal da BBC Danny Wood.
Plazo de matrícula
O período de matrícula permanecerá aberto ata o venres 19 de setembro. Os interesados deben chamar ao teléfono 981 140 830, de 8 a 14 horas, ou enviar un correo electrónico a galiciasa@uimp.es. O importe da matrícula é de 125 euros, cun desconto do 50% para os estudantes das tres universidades galegas, que ademais poderán obter un máximo de dous créditos de libre configuración.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias