El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Seis galegos participan na exposición Jóvenes Arquitectos de España

12-09-2008

Tres proxectos arquitectónicos desenvolvidos na provincia da Coruña e no que participan tres arquitectos galegos foron seleccionados para formar parte da exposición 'Jóvenes Arquitectos de España', organizada polo Ministerio de Vivenda, e que reúne os mellores proxectos do país feitos por profesionais menores de 40 anos. A exposición pódese visitar na sala Arquería de Nuevos Ministerios (Madrid) ata o 12 de outubro. Os proxectos seleccionados son a nova lonxa do porto de Fisterra, obra da lucense Covadonga Carrasco e do coruñés Juan José Creus; o campo de fútbol de Pontequeimadas, en Toques, realizado polo coruñés Enrique M. Blanco; e a sede da SGAE en Santiago, do madrileño Antó García-Abril. Ademais, outros tres arquitectos galegos participan na mostra con proxectos construídos fóra de Galicia. Trátase do lucense Marcos Parga, autor do pavillón polideportivo Numancia, en Santander, en Cantabria; do coruñés Arturo Franco, autor da Casa Paz, en Robledo de Chavela (Madrid), e o pontevedrés Jacobo Bouzada, responsable da rehabilitación do antigo Semáforo de Cabo Peñas, en Asturias, que serve agora de centro de interpretación da natureza. Un comité internacional de prestixiosos arquitectos e críticos de arquitectura seleccionou os 62 proxectos de 104 arquitectos presentes na mostra tras unha convocatoria á que se presentaron máis de 700 propostas. As edificacións seleccionadas atópanse repartidas por 28 provincias do territorio español, se ben un bo número -13- se ubica en Madrid. Ademais, cinco proxectos levántanse en Shangai (China), Oaxaca (México), Groningen (Países Bajos), Budapest (Hungría) e Berlín (Alemania), amosando o enfoque internacional da trayectoria profesional dos novos arquitectos españois, tamén moi interesados xeralmente pola docencia e pola I+D+I. O xurado estivo integrado por prestixiosos arquitectos como Alberto Campo e Manuel Blanco, e os críticos de arquitectura Kenneth Frampton e Juhani Pallasma.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias