Sociedad
Discúlpase pola súa crítica "irreflexiva" nunha carta para o Pen Club
19-09-2008
O escritor George Steiner xustifica o seu comentario sobre a lingua e a literatura galegas como "unha resposta ao chovinismo rexional que ameaza agora a unidade de España". "Como demostra o meu libro 'Después de Babel', son un apaixoado defensor das lingua e literaturas minoritarias", engade nunha nota enviada ao xornalista Juan Cruz co obxectivo de que lla transmitise ao Pen Club de Galicia.
O colectivo de escritores galegos difundiu a carta na que Steiner se desculpa polo seu "comentario irreflexivo". Así, reaccionou ás críticas verquidas dende Galicia por unhas declaracións recollidas na controvertida entrevista realizada por Juan Cruz para El País, nas que o estudoso da cultura se preguntaba por que o galego había de ser obrigatorio na universidade, a diferenza do catalán, cun "idioma importante e cunha literatura impresionante".
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias