El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A Mesa denuncia que Tráfico incumpre a lexislación ao non empregar o galego

22-09-2008

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Dirección Xeral de Tráfico incumpre a lexislación vixente ao non empregar o galego nin con aqueles usuarios que así o solicitan. A plataforma en defensa dos dereitos lingüísticos xa se dirixiu á DXT para que corrixa esa situación. A Mesa esixe que a Xefatura Provincial de Tráfico, dependente da Administración estatal, cumpra a lexislación sobre lingua, xa que o Estatuto básico do empregado público garante a atención en galego. Segundo indica o colectivo, o inicio do trámite polas persoas interesadas é en galego, "pero non así as respostas das persoas instrutoras". A asociación lembra que o galego é a lingua propia de Galicia e cooficial dende hai máis dun cuarto de século "a pesar de que moitas administracións actúen de costas a esta realidade xurídica, histórica e social".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias