El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Pradolongo recibe o IV Premio Ciudad de San Sebastián Film Commission

22-09-2008

O equipo da película 'Pradolongo', dirixida por Ignacio Vilar, recibirá este martes en Donostia o IV Premio Cidade de San Sebastián Film Comission, integrado na sección 'Made in Spain' do festival e dotado con 12.000 euros. Posteriormente, a película proxectarase ante un aforo duns 240 espectadores, tanto o martes como o mércores. Ademais, coincidindo coa entrega do premio, está previsto celebrar unha especie de ?día galego? no Festival de Donosti, xa que o equipo de 'Pradolongo' está a preparar unha gran festa para celebrar o premio e a súa participación na sección 'Made In Spain'. Terá lugar no Hotel María Cristina e asisitirán o director Ignacio Vilar, os actores protagonistas Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, e outros persoeiros convidados que festexarán a noticia con música, comida e viño Godello de Valdeorras. Producida por Vía Láctea Filmes, 'Pradolongo' conta coa participación da Televisión de Galicia e coa axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta, da Axencia Audiovisual Galega e da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, de Turgalicia e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 'Pradolongo' impúxose a outras películas presentes na sección 'Made in Spain', como 'El orfanato', 'Rec' ou 'Los crímenes de Oxford', segundo informan dende a produtora. O feito de "reflectir os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais" do lugar onde foi rodada inclinou o xurado cara esta película. Integrado polas actrices Natalia Verbeke e Alicia Borrachero, así como polo escritor e crítico Manuel Hidalgo e o decorados Parcual Ortega, o xurado valorou tamén o impulso que supuxo a cinta rodada en Valdeorras para a industria audiovisual. O Festival de Donostia recoñece así o traballo do equipo de 'Pradolongo' por facer dunha historia local algo universal, e malia que a súa versión orixinal emprega só "galego de Valdeorras". Esta distinción supón unha plataforma de lanzamento internacional para a película gañadora. En anos anteriores, o permio recaeu en filmes como 'Alatriste', 'La leyenda del tiempo' e 'En la ciudad'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias