El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Finaliza en Sada a rodaxe de "Agallas", protagonizada por Carmelo Gómez e Hugo Silva

01-10-2008

A rodaxe da longametraxe "Agallas", dirixida por Samuel Martín Mateos e Andrés Luque e protagonizada por Carmelo Gómez e Hugo Silva, finalizou no concello coruñés de Sada o pasado 20 de setembro. A rodaxe, que durou sete semanas, fíxose integramente en Galicia en localizacións como Sada, Cambre, Valdoviño ou Cambados, que serviron de escenario para unha historia que utiliza como fondo, o narcotráfico e as súas mafias para falar de algo tan universal como a ambición, a avaricia e o medo. Este thriller con toques de humor, conta cun elenco de recoñecidos actores galegos como Celso Bugallo, Mabel Rivera, Carlos Sante, Isabel Blanco, Xavier Estévez, Pepo Suevos e Rula Blanco entre outros. Escrita por Javier Félix Echaniz e Juan Antonio Gil Bengoa, 'Agallas' conta a historia de Sebastián, un delincuente que chega a Galicia en busca dunha vida fácil. Aquí comezará a traballar para Regueiras, dono da empresa "Isolina, Produtos do Mar". Sebas vai mellorando o seu aspecto e a súa calidade de vida e vai gañando a confianza do seu xefe. Cando parece chegar ao cumio, descobre que é unha peza máis dun xogo que o supera. A estrea en salas comerciais está prevista para a primavera do 2009.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias