El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

Vivenda abre unha liña de axudas para promover o aluguer de vivenda valeira

Invertirá un total de 900.000 euros

02-10-2008

A Conselleira de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, abriu a solicitude dunha liña de axudas a fondo perdido para mobilizar a incorporación ao mercado de aluguer da vivenda valeira de longa duración que leve máis dun ano sen estar ocupada. A subvención ascende a un total de 6.000 euros, que o propietario recibirá unha vez que incorpore a súa vivenda ao Programa de Vivenda en Aluguer da Consellería, e unha vez que se asine o primeiro contrato de aluguer cun inquilino tamén inscrito neste programa público. Esta liña de axudas, publicada no DOG do pasado 19 de setembro, pode solicitarse ata o vindeiro 31 de decembro. O importe total desta liña de subvención ascende a 900.000 euros para o exercicio 2008. Non é esta a única vantaxe que ofrece o Programa de Vivenda en Aluguer da Consellería, en funcionamento desde febreiro de 2006. Os propietarios que incorporen a súa vivenda ao programa poden solicitar unha axuda, tamén a fondo perdido, de ata 12.000 euros para obras de rehabilitación ou melloras do inmoble, axuda a que se pode sumar a subvención de 6.000 euros en caso de que cumpra o requisito de ser un piso valeiro de longa duración, como quedou indicado. Para o resto dos propietarios cuxa vivenda leve menos dun ano valeira as axudas son de ata 12.000 euros, que poden sumar ata 18.000 euros en caso de levar máis dun ano sen ocupar. Outros beneficios para os propietarios está no feito de que teñen garantido o cobro do aluguer durante cinco anos, unha vez asinado o primeiro contrato, con independencia dos avatares da vivenda, e tamén ten asesoramento legal gratuíto ademais de ter garantido que o inmoble se lle devolve correcto estado de conservación patrimonial. A cambio destes beneficios, os propietarios deben ceder a Consellería a vivenda durante un prazo mínimo de 5 anos. Vantaxes para os inquilinos A día de hoxe, a Consellería financia o aluguer de 2.970 familias ou unidades convivencias. Para os inquilinos as vantaxes tamén son moi importantes, xa que se garante que non destinan ao pago do aluguer máis do 30% dos seus ingresos, o resto e financiado pola Consellería a través do Programa. Igualmente, teñen garantido que reciben unha vivenda que se adapta ás súas necesidades e en perfectas condicións, pois en caso contrario, o piso non é aceptado no Programa sen que antes o propietario efectúe as obras necesarias. Para colectivos especiais, como vítimas de violencia de xénero o familias monoparenteis, as axudas poden chegar ata o 80% do prezo do aluguer. O Programa de Vivenda en Aluguer está pensado para calquera tipo de idade e duración do contrato é de cinco ano. Só se ten en conta o nivel de renda mensual, que non debe superar en 3 veces o IPREM, e dicir, arredor de 20.122 euros de ingresos anuais ponderados. A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, destina 9 millóns de euros para sufragar o Programa de Vivenda en Aluguer en 2008.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias