El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A campaña 'Contos para falar' acercará a lectura os nenos de 27 concellos

02-10-2008

A campaña de animación á lectura en galego para os máis pequenos 'Contos para falar', promovida pola editorial Rodeira e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, arranca en Porriño para trasladarse despois a outros 26 concellos galegos. As actividades de animación ao uso do galego e á lectura van dirixidas a rapaces agrupados en dous tramos: de 3 a 8 anos o primeiro, e de 9 a 12 anos o segundo e tamén aos seus pais e nais. En total serán máis de 70 encontros nos que participarán 6.000 cativos, con contacontos, dramatizacións, xogos, cancións, proxeccións e obradoiros. Os personaxes de obras como 'A odisea contada aos nenos', 'A vella quenlla perde os dentes', 'A máxica historia do ratiño Pérez', 'Os anxos de Amalia', ou 'O neno que tiña medo dos robots e o robot que tiña medo dos nenos', que iliustran a imaxe da campaña, teñen xa concertada a súa xira e percorrerán ata a primeira semana de decembro Nigrán, Forcarei, Poio, A Pobra do Caramiñal, O Carballiño, Celanova, Entrimo, Viana do Bolo, Quiroga, Vigo, A Coruña, Arzúa, Ordes, Curtis, Lugo, A Laracha, Pontedeume, Mondoñedo, Ribadeo e Ponteareas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias