El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

O CGAI comeza un ciclo dedicado a David Lean

09-10-2008

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) comeza este venres un ciclo dedicado ao director británico David Lean coa proxección de 'Sangre, sudor y lágrimas', que tamén se poderá ver o sábado á mesma hora. A retrospectiva prolongarase a través das súas 16 longametraxes ata o mes de febreiro de 2009. Cineasta minucioso e esixente, viaxeiro e analista das vicisitudes da psicoloxía humana, Lean protagoniza o terceiro número da publicación 'Nosferatu', coincidindo coa celebración do seu centenario. Gañador de dous Óscars e tres Globos de Ouro, antigo montador e guionista, a súa evolución permite albiscar desde un cine sensible e austero na súa etapa británica, incluíndo as adaptacións realizadas sobre a obra de Dickens, 'Cadenas rotas' e 'Oliver Twist', para dar lugar a partir de 'El puente sobre el río Kwai' a superproducións de narrativa depurada e procura de perfeccionismo como 'Lawrence de Arabia', 'Doctor Zhivago', 'La hija de Ryan' ou 'Pasaje a la India', onde a complexidade dos personaxes en medio de conflitos ou enfrontamentos extremos se mesturaba con elegancia e habilidade no relato de acción. Por outra banda, o CGAI proxectará o venres ás 23 horas as curtas dirixidas por Guillermo Arias-Carbajal 'Amnésico por compasión' e 'Del mismo Oslo'. A sesión será presentada polo propio autor. A entrada é gratuíta.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias