El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Morre aos 51 anos Ramiro Fonte, fundador do colectivo poético Cravo Fondo

12-10-2008

O escritor galego Ramiro Fonte faleceu este sábado aos 51 anos, vítima dun cancro. Poeta, narrador, ensaísta e crítico, era membro da Real Academia Galega e director do Instituto Cervantes de Lisboa. Nado en Pontedeume no 1957, foi fundador do colectivo poético Cravo Fondo, a finais dos 70, unha xeración disposta a renovar a literatura galega. Como escritor deuse a coñecer coa saída á luz do seu primeiro poemario no 1983, 'Cidades da nada'. Coa súa primeira novela, 'Retornado' (1996) obtivo o Premio Pedrón de Ouro. Mais non foi este o único galardón que Fonte recibiu ó longo da súa carreira literaria. No seu haber están o Premio da Crítica de Galicia, o Losada Diéguez de creación, o da Crítica española, o Esquío ou o Miguel González Garcés. O ultimo recoñecemento a súa obra recibiuno o pasado xullo. Foi o Premio Porto Magno, no decurso dunha homenaxe que lle brindou a cidade de Ferrol.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias