Sociedad
14-10-2008
A sede da Deputación da Coruña acolleu a presentación do libro ?A Choiva do mundo?, obra gañadora da XIX edición do premio de narrativa ?Torrente Ballester?, convocado pola institución provincial coruñesa, no decurso dun acto que contou coa asistencia do presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, do responsable da editorial Galaxia, empresa encargada da publicación, Víctor Freixanes, e do autor do libro, Xosé Manuel Pacho Blanco.
Fernández Moreda destacou a unanimidade na decisión do xurado, formado por prestixiados críticos literarios como Ángel Basanta, Mercedes Montmany, José María Pozuelo Yvancos ou José Antonio Ponte Far e escritores da talla de Ignacio Martínez de Pisón, que valoraron a novela de Xosé Manuel Pacho Blanco como ?unha aposta literaria de vangarda, na que se utilizan os grandes temas para reflexionar sobre o xénero humán?.
O presidente provincial lembrou que o premio Torrente Ballester está dotado con 25.000 euros e a publicación da obra gañadora, neste caso cunha tirada de 3.000 exemplares.
Ao comenzo da súa intervención Fernández Moreda tivo unha lembranza para o recentemente finado Ramiro Fonte ?gran escritor, poeta e bó amigo, que prestixiou o premio de poesía González Garcés e a quen quero render un tributo de amizade e recoñecemento, pois sen dúbida o seu pasamento supón unha enorme perda para a literatura galega?.
O responsable da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, gañador tamén do premio ?Torrente Ballester? en 1992, pola súa obra ?A cidade dos Césares?, que se sumou tamén as condolencias polo pasamento do escritor e poeta eumés, afirmou que este novo libro permitiranos ?descubrir unha nova voz da literatura galega. Unha voz importante, orixinal e con personalidade?.
?A choiva do mundo? é, segundo Freixanes, ?unha novela postmoderna cunha proposta de visión da realidade?, que está ?na liña do que representa o premio Torrente Ballester: a busca de novos rexistros e, ás veces tamén de novos autores?.
Pola súa banda, Xosé Manuel Pacho Blanco, que definiu o seu libro como ?unha metáfora da vida?, afirmou que aínda que se trata dunha novela ?complexa dende o punto de vista técnico?, pois é unha obra coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, cun repertorio de formas literarias que sobarda os límites xenéricos e mistura prosa, microrrelato, guión cinematográfico, poesía, banda sonora, etc, ?non debemos esquencer que o fundamental son as historias que trascenden e que se atopan no libro?.
?A choiva do mundo? trata dun editor que realiza unha escolma de distintos textos que falan da vida, da melancolía que nos rodea a todos nós para deixar ao descuberto a rede de historias, personaxes, lugares e maneiras de comunicación que envolve e dá forma ao mundo, afirmou Xosé Manuel Pacho Blanco.
O premio de narrativa Torrente Ballester, concedido pola Deputación da Coruña a unha obra narrativa en galego ou castelán, ten entre a nómina de gañadores das anteriores edicións a autores coma Manuel Rivas, Xosé Carlos Caneiro, Víctor F. Freixanes, José María Merino, Luisa Castro e Xesús Constela.
Xosé M. Pacho Blanco (Ourense, 1974) é avogado e profesor na Universidade de Vigo. No eido cultural, é colaborador da Fundación Vicente Risco. ?A choiva do mundo? é a súa primeira novela.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias