Sociedad
16-10-2008
O Teatro Principal de Santiago acollerá este venres ás 20.30 horas as primeiras proxeccións da quinta edición do Festival Internacional de Curtas de Santiago, o Curtocircuíto. O certame, organizado polas Concellerías de Cultura e de Promoción Económica, abrirá a Semaan Oficial coa primeira proxección de curtas internacionais, entre as 20.30 e as 22 horas, e de curtas galegas, de 22.30 a 24 horas, con entrada de balde.
A Semana Oficial de Curtocircuíto desenvolverase dende o 17 de outubro ata o 24, cando se celebrará a gala de clausura na que se entregarán os nove premios desta edición. Ao longo desta semana, proxectaranse 259 curtas procedentes de 40 países, escollidas entre as 2.558 que se presentaron ao concurso, de 93 países.
Na Sección Oficial proxectaranse 147 curtas que se poderán ver no Teatro Principal de balde, mentres que as outras 112 poderán verse no CGAC e na Facultade de Filosofía nos once programas paralelos, tamén gratuítos.
Nas proxeccións do venres, coas que comeza Curtocircuíto, o público asistente poderá ver na sección internacional curtametraxes de Israel, Romanía, Francia, Reino Unido, Etiopía, México e República Checa. Na sección galega poderán ver unha mostra da produción audiovisual máis recente da comunidade.
Mañá tamén comeza o programa 'As Grandes Curtas', unha iniciativa de Curtocircuíto que pretende achegar o mundo das curtametraxes a 540 persoas maiores de toda Galicia, repartidos en grupos de 60 persoas en cada xornada do programa, que inclúe unha proxección de curtametraxes, un xantar e unha visita guiada pola Cidade Histórica. As 60 primeiras persoas participantes son da provincia de Lugo.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias