El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

"O espírito do bosque" competirá no Festival de Cine Medioambiental de Washington

17-10-2008

O filme de animación 'Espírito do Bosque', producido por Dygra, vén de ser seleccionado polo Festival de Cine Medioambiental de Washington para competir na sección oficial. A 17ª edición do certame, que reúne películas destacadas polo seu compromiso co medio ambiente, desenvolverase entre os días 11 e 22 de marzo de 2009. Así, Dygra levará a Washington a versión inglesa do filme, que conta coas voces de actores como Anjelica Huston, Ron Perlman, Sean Astin ou Giovanni Ribisi. Trátase do segundo festival norteamericano que elixe esta película para a súa sección oficial, despois do Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, que comeza a vindeira semana. Ademais, xa no 2002 'l bosque animado' acadara o Premio do Público neste mesmo festival.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias