El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

A Deputación de A Coruña investirá dous millóns para proxectos culturais na cidada de A Coruña

17-10-2008

A Deputación da Coruña destina 1.600.000 euros para financiar a Orquestra Sinfónica de Galicia, ademais doutros 300.000 euros para os actos do 800 aniversario da cidade da Coruña, e 59.500 euros para a programación cultural da Fundación Luis Seoane. Así consta nos tres convenios de colaboración subscritos na sede da institución provincial polo seu presidente, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde coruñés, Javier Losada. A colaboración da Deputación da Coruña co Consorcio para a Promoción da Música faise realidade co patrocinio de tres concertos da tempada da Orquestra Sinfónica de Galicia, que se celebrarán no Pazo da Ópera os días 31 de outubro, 28 de novembro, e 12 de decembro; así como doutros catro espectáculos musicais ao aire libre na cidade coruñesa, dous concertos da Orquestra de Cámara, a organización dun concerto extraordinario no Teatro Jofre de Ferrol, e 16 concertos didácticos para escolares da provincia. Outro dos protocolos asinado establece a condición da deputación como administración pública patrocinadora do VIII Centenario da Carta Foro da Cidade da Coruña para o que esta institución destina 300.000 euros co obxectivo de financiar algúns dos eventos e exposicións organizados polo Concello da Coruña. Así mesmo, a Deputación da Coruña achega 59.500 euros para financiar unha parte do programa de actividades culturais e expositivas da Fundación Luis Seoane, dependente do Concello coruñés. En concreto, apóiase os proxectos "A Arte nos séculos XX e XXI", e "Ché, Revolución e mercado". Tanto o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, como o alcalde coruñés, Javier Losada, definiron a Orquestra Sinfónica de Galicia como unha das mellores formacións orquestrais de España, e de maior proxección internacional, e definiron como moi positiva a colaboración de ambas administracións no ámbito cultural, e lembraron que fai uns meses formalizaron tamén outro acordo a través do cal a Deputación da Coruña financiou con 300.000 euros máis a actividade de cultura do consistorio coruñés. Ademais, en datas próximas subscribiranse dúas novos convenios, segundo o anunciado por Fernández Moreda, para a Casa de Acollida de Mulleres, subvencionada pola deputación con 82.591 euros, e para a adquisición dunha vivenda para persoas en risco de exclusión social, para o que achegará outros douscentos mil euros. Salvador Fernández Moreda subliñou o "compromiso da Deputación e do seu presidente co concello, a cidade da Coruña e os seus cidadáns", e cifrou en 57.162.998 euros os investimentos e programas desenvolvidos pola institución provincial nos últimos cinco anos na urbe coruñesa. Entre algúns dos datos enumerados por Fernández Moreda pódense citar os 13,5 millóns de euros para a rehabilitación e posta en funcionamento do Teatro Colón; os 11 millóns para o edificio Prisma de Cristal, que albergará o Museo Nacional da Ciencia; os 9 millóns para o Recinto Feiral, ou os dous millóns de euros para a construción da Biblioteca do Castrillón. O presidente da Deputación relatou tamén outros investimentos ou programas desenvolvidos pola institución provincial na cidade como a mellora da rede viaria, e outras obras de infraestrutura, que revelan o compromiso provincial co Concello. Pola súa banda, Javier Losada expresou a súa satisfacción pola sinatura destes convenios e afirmou que "hai un antes e un despois" na relación entre o Concello e a deputación desde a chegada á presidencia de Salvador Fernández Moreda, e "como alcalde estou moi satisfeito da colaboración da deputación".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias