El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Salgado inaugura en Santiago as xornadas sobre o futuro da industria da comunicación

17-10-2008

O secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, inaugura en Santiago as xornadas sobre o futuro da industria da comunicación organizadas polo Club Internacional de Prensa. Estará acompañado polo ensaísta, consultor e catedrático de Xornalismo da Universidade Complutense de Madrid, Jesús Timoteo, e pola directora do Club de Prensa, Carmen Carballo. Ata o 4 de decembro, a sede da Fundación Caixa Galicia na capital galega acollerá sete sesións nas que se afondará nos temas relacionados co futuro da industria da comunicación dende o punto de vista de Europa, Estados Unidos e América Latina. Tralo acto de inauguración, comezará a primeira conferencia, baixo o título 'Medios e poder' a cargo do asesor do Primeiro Ministro de Portugal, Joao de Almeida, e do profesor, xornalista e escritor francés Salim Lamrani, experto nas relacións de Cuba e Estados Unidos. Serán presentados respectivamente por José Luis Vilela, director de La Voz de Galicia, e por Alfonso Sánchez Izquierdo, profesor na Facultade de Comunicación de Santiago.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias