El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Comenzan as xornadas sobre periodismo organizadas polo Club de Prensa

22-10-2008

A relación entre medios e poder centrará a xornada inaugural das xornadas 'O futuro da industria da comunicación', organizadas polo Club Internacional de Prensa e que comezan este xoves na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, onde se desenvolverán as oito xornadas. Os encargados de abordar este tema serán o asesor do primeiro ministro de Portugal, Joao de Almeida Santos e o profesor, xornalista e escritor francés Salim Lamrani, que exporá a situación en Cuba. Á inauguración, que se celebrará este xoves ás 16.30 horas na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, asistirán a directora do Club Internacional de Prensa, Carmen Carballo; o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, e o catedrático de Xornalismo da Universidade Complutense de Madrid, Jesús Timoteo. Carballo explicou na presentación, que as xornadas xorden da ?necesidade de analizar os cambios que se reflicten na industria da comunicación?, un sector que produce un 3% do PIB nos países occidentais. A iniciativa espertou o interese dos 160 inscritos, dos cales dous terzos son mulleres, un terzo son estudantes e un terzo profesionais relacionados co mundo da comunicación. A eles sumaránselles o público xeral que poderá acceder de xeito gratuíto. O esquema de cada xornada seguirá o de o xoves: un experto procedente de América Latina e outro do ámbito europeo impartirán unha conferencia baixo o mesmo título, en dúas quendas, ás 17 e ás 20 horas, co ánimo de xerar debate e de confrontar perspectivas de países diferentes. Serán en total oito conferencias de aquí a decembro: 'Medios e poder', 'Industria, TIC e Comunicación', 'Novos retos da comunicación nas organizacións', 'Acción política e medios', 'Información e desenvolvemento', 'Comunicación e coñecemento', 'O negocio da comunicación' e 'Transicións'. Industria, TIC e Comunicación A seguinte xornada celebrarase unha semana despois, o día 30 de outubro, e nun espazo diferente, o Centro Sociocultural O Ensanche. Os poñentes serán o presidente de Secuware, Carlos Jiménez, e a directora do Departamento de Comunicación da Universidade Iberoamericana Cidade de México, Gabriela Warkentin, que tratarán o tema 'Industria, TIC e Comunicación', presengtados polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, e a presidenta de Eganet, Beatriz Legerén, respectivamente. Xa en novembro, Sandra Fuentes, directora da especialización en Comunicación Organizacional da Pontificia Universidad Javeriana Bogotá, impartirá o día 3 ás 20 horas a conferencia 'Novos retos da comunicación nas organizacións', presentada polo director do Diario de Pontevedra, Antón Galocha. 'Acción política e medios' centrará as intervencións da deputada do Partido Democrático no Parlamento italiano, Amalia Schirru, e o periodista e escritor boliviano, ex voceiro do Goberno de Evo Morales, Álex Contreras. Serán presentados o día 6 de novembro polo subdirector de Faro de Vigo, Xesús Portela, e o director de La Región, Xosé Pastoriza. Unha semana despois, o presidente da axencia EFE, Álex Grijelmo, e o profesor da Universidade de Los Ángeles, Javier Rivero, falarán de información e desenvolvemento, en dúas sesións presentadas polo director da Axencia Galega de Noticias, José María Álvarez Vilabrille, e o subdirector de El Correo Gallego, Luis Pousa. O decano da Facultade de Comunicación de Santiago, Miguel Túñez, e o profesor Francisco Campos presentarán o día 20 a Carlos Fernández Esteban, enxeñeiro industrial, e a Paulo Nassar, director xeral da Asociación Brasileira de Comunicación Empresarial, que tratarán o tema 'Comunicación e coñecemento'. Pola súa banda, o director xeral de Zénith Media, Eduardo Madinaveitia, e o xornalista e deputado arxentino Miguel Bonasso falarán do negocio da comunicación o día 27 de novembro, introducidos polo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, e polo director de El Progreso, Lois Caeiro. As xornadas pecharanse o 4 de decembro coas tintervencións do catedrático de Xornalismo e Comunicación da Universidade Complutense de Madrid, Jesús Timoteo Álvarez, e da presidenta e fundadora da televisión estatal de Venezuela, Blanca Eekhout, xirarán arredor das transicións e serán introducidas polo secretario xeral de Comunicación Fernando Salgado, e o director de Galicia Hoxe, Caetano Díaz.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias