Sociedad
23-10-2008
A Consellería de Cultura aumentou en catro anos o investimento en bibliotecas, que pasou dos 2,7 aos 5,3 millóns de euros destinados este ano. Dende Cultura aseguran que baixo o marco legal da Lei do Libro e da Lectura, a aposta do departamento polas bibliotecas "está a dar os seus froitos".
Así, o incremento orzamentario en bibliotecas reflíctese non só na dotación de fondos, que pasou de 900.000 euros en 2004 aos 3,5 millóns deste ano, ata acadar o ratio dun documento por habitante establecida pola Unesco, senón tamén no equipamento, xa que se dotaron de equipos informáticos e novas tecnoloxías.
Púxose en marcha o programa ?Internet nas bibliotecas?, coa instalación de case 500 equipos informáticos desde o 2005 co obxectivo de favorecer o acceso dos usuarios aos servizos da biblioteca electrónica.
Isto complétase con outras melloras como a instalación de rede wifi nas bibliotecas, duplicar o ancho de banda, aplicar un novo software libre, e mellorar a rede interna nas bibliotecas nodais. Ademais, no que vai de ano se realizaron case 7,5 millóns de consultas no Catálogo Colectivo das Bibliotecas da Rede de Halicia, fronte ás 95.673 contabilizadas en 2004.
Dende a Xunta investiron tamén na formación do persoal, en colaboración coa EGAP e o CESGA. Por outra banda, acadouse unha mellor distribución dos fondos. Así, mentres no 2004 preto de 9 de cada 10 euros do gasto en libros se dedicaba ás bibliotecas nodais, xestionadas pola administración autonómica, hoxe a proporción é a que se destina a bibliotecas municipais.
A Biblioteca Pública Ánxel Casal acollerá este venres os actos centrais do Día do Libro. Alí, o recentemente galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Agustín Fernández Paz, e o ilustrador Xosé Cobas presentarán o cartel desta edición.
O acto que pechará unha xornada de actividades en Santiago que un día de portas abertas na Ánxel Casal, un maratón de lectura, contacontos, un obradoiro de banda deseñada, un encontro co nenos na biblioteca da Escola Camilo Xosé Cela do Hospital Clínico Universitario, e unha conferencia de Blanca Roig sobre literatura infantil e xuvenil galega no século XXI.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias