El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Falece Constantino García, fundador do Instituto da Lingua Galega

24-10-2008

O filólogo Constantino García González, fundador do Instituto da Lingua Galega e do Centro de Investigación Ramón Piñeiro, faleceu este xoves, aos 81 anos, logo dunha longa enfermidade. Nacido en Oviedo, Constantino García trasladouse a Santiago de Compostela en 1965, onde exerceu moitos anos como profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, chegando a ocupar a cátedra de Filoloxía Románica. Gran impulsor do estudo da lingua galega e a filoloxía moderna, entre as súas contribucións destaca especialmente a fundación, en 1971, do Instituto da Lingua Galega, alicerce fundamental para a investigación e normalización lingüística en Galicia. Continuando o seu labor de impulso á investigación, Constantino García fundou en 1993 o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, na actualidade o organismo máis relevante da comunidade para o estudo da lingua e a literatura galega desde as súas orixes aos nosos días. Fóra do ámbito académico, Constantino García tamén continuou o seu labor de divulgación desde as pantallas da Televisión de Galicia, onde presentou durante varios anos o programa 'Cousas da Lingua'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias