Sociedad
24-10-2008
A curtametraxe islandesa 'Smáfuglar', dirixida pro Runar Runarsson, obtivo o Premio Internacional de Ficción da V edición do Festival Internacional de Curtas de Santiago, o Curtocircuíto. O premio á Mellor Curta Galega foi para o director Juan Ignacio Abia, pola súa curtametraxe 'Don Señor e o Home do Soño'.
Os nove premios do Festival entréganse na Gala de Clausura que acolle o Teatro Principal e que pon fin a unha semana na que se proxectaron 259 curtas, procedentes de 40 países, que foron escollidas entre as 2.558 que se presentaron ao concurso e que chegaron de 93 países.
O Premio Internacional Documental foi para unha curtametraxe alemana, 'Was übrig bleibt', dos directores Fabian e Andreas Daub. O xurado decidiu que o Premio Internacional de Animación fose compartido para 'John and Karen', do director británico Matthew Walker, e 'Skhizen', do francés Jeremy Clapin.
A curtametraxe premiada polo público foi 'Rolla Saor', do irlandés Cattal Waters. O Premio Explora foi para o canadiense Josh Raskin, coa curtametraxe 'I met the Walrus'. O Premio á Mellor curta rodada en España foi para 'Alumbramiento' de Eduardo Chapero-Jackson.
Na gala tamén se estreou a curtametraxe 'A Princesa Alegría', de David Utrilla. O guión de 'A Princesa Alegría' foi a gañadora do certame de guións Compostela Plató, que tiña como premio a produción da curtametraxe.
Finalmente, a Radio Televisión Portuguesa, anunciou a compra dos dereitos para emisión na televisión pública de Portugal das curtas 'Tolya', do israelí Rodeon Brodsky; 'Don?t Let it All Unravel', da británica Sarah Cox; 'Interior. Scara de Bloc' do rumano Ciprian Alexandrescu; 'Keith Reynolds Can?t Make it Tonight' do británico Felix Massie; 'Alexandra' do rumano Radu Jude; e 'The Control Master' do británico John Wrake.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias