Sociedad
28-10-2008
O presidente de Secuware, Carlos Jiménez e a directora de Comunicación da Universidade Iberoamericana de Cidade de México, Gabriela Warkentin abordarán a evolución, o futuro e as repercusións sociais das tecnoloxías TIC na industria da comunicación, dende a perspectiva europea e da mexicana, na segunda sesión das xornadas 'O Futuro da Industria da Comunicación'.
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias e a presidenta de Eganet, Beatriz Legerén, serán as persoas encargadas de presentar os conferenciantes este xoves, día 30 de outubro ás 17 e ás 20 horas, respectivamente, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado de Santiago.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias