El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Marisa Paredes protagoniza nos escenarios galegos o clásico

28-10-2008

O clásico de Ingmar Bergman 'Sonata de otoño' chegará en novembro aos escenarios galegos da man da actriz Marisa Paredes e do director José Carlos Plaza. A montaxe comezará a súa xira pola comunidade galega en Ourense o 4 de novembro no Auditorio Pazo de Congresos Municipal ás 20.30 horas. Unha semana despois chegará ao Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra, e o 13 de novembro ao Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova. Na Coruña ofrecerá dúas funcións os días 15 e 16 de novembro, no Teatro Rosalía de Castro, e despedirase de Galicia en Cangas o 18 de novembro no Auditorio Municipal. A obra pretende acompañar a Bergman nun paseo tortuoso pero lúcido polas almas das persoas. A acción transcorre nunha pequena cidade de Noruega. Acompañan a Marisa Paredes sobre o escenario os intérpretes Nuria Gallardo, Chema Muñoz e Pilar Gil.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias