Sociedad
28-10-2008
Carlos Gómez López, guionista do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto, é o gañador do premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa, que convoca a Deputación da Coruña. O xurado do certame ten seleccionado a súa obra ?A peripecia de Roi? como a máis destacada de entre os 31 orixinais presentados a concurso.
A voceira do xurado, a poetisa Yolanda Castaño, definiu o libro de Carlos Gómez como ?unha aventura chea de fantasía, inzada de humor próximo ao absurdo e ao surrealismo, que vai conectar cos gustos dos máis cativos?. Ademais quixo gabar a evolución do autor premiado, quen o ano pasado conseguiu o premio Merlín pola súa obra ?Minimaladas?. A obtención do Raíña Lupa suporá para o autor a publicación da súa obra e un premio de 6.500 euros.
O fallo do xurado foi dado a coñecer hoxe na Deputación da Coruña. A representante do ente provincial, Caridad González Cerviño explicou o obxectivo deste premio asegurando que quere ?contribuir á aparición de novos talentos neste campo literario, ás veces tan inxustamente infravalorado? e ?estimular o hábito da lectura entre os máis novos, non só nos colexios senón tamén na casa, para que vexan a lectura non só como unha obriga académica, senón como unha forma de gozar do seu tempo de lecer, vivir aventuras e descubrir novos mundos?.
González Cerviño tamén quixo aproveitar o acto para destacar o bo momento polo que atravesa a literatura infantil e xuvenil galega, recordando que hai poucos días o escritor lugués Agustín Fernández Paz obtivo o Premio Nacional neste eido.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias