Sociedad
30-10-2008
A Fundación Caixa Galicia levará a Ferrol á cantante Concha Buika e ao humorista Rober Bodegas, dentro da programación de novembro, que inclúe ademais maxia e cine. A música chegará a este espazo o 13 de novembro co concerto da cantante lucense Lucía Pérez, que presentará ao público galego o seu terceiro álbum 'Volar por los tejados'.
A programación musical continuará o 22 de novembro coa actuación no Teatro Jofre da artista mallorquina de raíces guineanas Concha Buika, que presentará ao público coruñés o seu terceiro álbum, ?Niña de fuego?.
O humor tamén ten cabida na programación da Fundación Caixa Galicia en Ferrol e o 15 de novembro o popular cómico galego Rober Bodegas ofrecerá o seu espectáculo de monólogos no Teatro Jofre.
O 21 de novembro os máis pequenos terán unha cita na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol para gozar do espectáculo de maxia ?Mago Antón e amigos? no que o popular mago estará acompañado por Matin Camiña o Mago Romaris e Magomimo Anyo para ofrecer un espectáculo no que levarán ao espectador a un mundo máxico onde as cousas non son o que parecen.
Durante o mes de novembro continuarán na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol o ciclo de conferencias ?A arte de verdi? e os ciclos de cine sobre o neorrealismo italiano e sobre cine infantil. Así, os xoves 6, 20 e 27 de novembro César Wonenburger analizará as distintas etapas da vida do compositor Verdi.
Por outro lado, o 7 e 12 de novembro e con motivo da exposición 'NeoRealismo. La nueva imagen en Italia, 1932-1960', que pode verse na sede da Fundación Caixa Galicia ata o vindeiro 5 de xaneiro, 'PHotoGalicia' pon en marcha un ciclo de cine con filmes representativos deste periodo, realizadas polos directores Roberto Rossellini e Vittorio de Sica.
Ademáis, todos os sábados de novembro continua o ciclo de cine xuvenil ?Tardes de lecer? no que se proxectarán os filmes 'O señor dos aneis', 'Dentro do laberinto', 'Metrópole' e 'Pesadelo antes de Nadal.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias