El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Conferencia en Santiago sobre as relacións entre comunicación e coñecemento

18-11-2008

Analizar o papel da comunicación como xerador de coñecemento e dirimir ata que punto se pode indentificar a acumulación de información co coñecemento son os eixes sobre os que desenvolverán este xoves os seus relatorios o enxeñeiro industrial e Máster en Investigación Operativa, Carlos Fernández Esteban, e o profesor e doutor en Comunicación e director xeral da Asociación Brasileira de Comunicación Empresarial, Paulo Nassar. As conferencias enmárcanse nas Xornadas sobre o Futuro da Industria da Comunicación, organizadas polo Club Internacional de Prensa. As intervencións comezarán ás 17 horas na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago e os relatores serán presentados polo decano da Facultade de Comunicación de Santiago, Miguel Túñez, e o profesor de Xestión de Empresas Informáticas e da Empresa Audiovisual, Francisco Campos. Para Fernández Esteban, na industria tecnolóxica instalouse a supremacía da oferta sobre a demanda: a xente compra os robots que deseñan e despois entenden a súa utilidade. Para Paulo Nassar, o proceso da comunicación pasa do difusor simple da información para adoptar un papel de educador, creador do coñecemento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias