El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Stereolab presenta este vernes o seu último disco en Pontevedra

20-11-2008

A banda británica Stereolab actúa este vernes ás 21 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do ciclo de músicas prohibidas Pecados. O grupo, instalado na vangarda nos últimos 15 anos, presentará o seu novo disco, 'Chemical Chords', o undécimo da súa carreira. As entradas pódense adquirir por anticipado en www.caixanova.es a un prezo de 12 euros ou na propia billeteira do Pazo da Cultura, a 15 euros, o propio día da actuación. Ademais, hoxe xoves continúa o intercambio de CDs na Facultade de Ciencias Sociais, de 11 a 14 horas. Os interesados deberán levar un CD orixinal vello e recibirán a cambio o álbum 'The Langley School Music Project', unha gravación do alumnado dunha escola rural canadense dos anos 70 que reparte a organización do festival Pecados.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias