Sociedad
20-11-2008
O Teatro Colón da Coruña acollerá este vernes ás 20.30 horas o concerto do grupo madrileño Los Secretos cun cheo total, xa que as entradas están esgotadas. O grupo presentará os temas do seu último disco recopilatorio, '30 años de Secretos', no que recollen todos os grandes éxitos da súa carreira discográfica.
O grupo, liderado por Álvaro Urquijo, está realizando unha xira por teatros e auditorios que os trae á Coruña para tocar temas como 'Déjame', 'A tu lado', 'Colgado' ou 'Ojos de gata'.
Los Secretos comenzaron a formarse en 1978 cando os tres irmáns Urquijo (Javier, Enrique e Álvaro) se uniron a Canito para formar o grupo ?Tos?. A morte de Canito e a a súa sustitución por Pedro levou á creación de Los Secretos e o seu primeiro éxito 'Déjame'.
En 1984 o grupo volve perder ao seu batería en accidente de tráfico e o irmán maior, Javier, abandona o conxunto. Será co seu cuarto disco 'El primer cruce' (1986) co que o grupo reaparece. En todo este tempo, Los Secretos leva publicados 17 discos, dos que tres recollen os seus grandes éxitos.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias