Sociedad
20-11-2008
Coincidindo co lanzamento do disco 'A quinta das lágrimas', o vindeiro luns día 24 de novembro baixo o selo PAI Música, Milladoiro comezará unha xira para presentar o novo traballo, baseado na relación amorosa entre dona Inés de Castro e o infante don Pedro, por un lado, e por outro, na relación entre Galicia e Portugal.
A formación, de case 30 anos de traxectoria, ofrecerá o día 25 de novembro no Teatro Colón da Coruña un concerto no que contarán coa fadista portuguesa Mafalda Arnauth como artista convidada. O espectáculo, de carácter gratuíto, desenvolverase na cidade herculina co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero.
A xira continuará o 17 de decembro no Centro Cultural Caixanova de Vigo, e contarán de novo con Arnauth. Ribadumia será o seguinte escenario, o día 27 de febreiro.
Os concertos continuarán o 4 de febreiro en Guimaraes (Portugal), o 5 de febreiro en Barcelona, o 17 de maio na Coruña, o 12 de xuño en Culleredo, o 20 de xuño no Rosal, o 19 de xullo na Guarda, o 20 de xullo en Narón, o 25 de xullo en Santiago, o 2 de agosto en Pedrafita do Cebreiro, o 8 de agosto en Oleiros, o 14 de agosto en Caldas de Reis e o 4 de outubro en Mos, segundo informa a banda na súa web.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias