La oficina de management de El Canto del Loco informou que o concerto que o grupo tiña previsto para este sábado, día 29, no Multiusos Fontes do Sar de Santiago queda aprazado ata nova data. A organización lamenta os cambios na data da actuación e confía que a banda poida volver "pronto" á capital galega. A devolución das localidades realizarase nos puntos de venda nos que se adquiriron.