El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

Los grelos y las nabizas tienen propiedades anticancerígenas

26-11-2008

Un estudo da Misión Biolóxica de Galicia, centro de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) situado en Pontevedra, proba o alto valor nutricional e as propiedades anticanceríxenas e antioxidantes das nabizas e dos grelos. A investigación analiza como as condicións climatolóxicas condicionan as propiedades agronómicas e as características organolépticas (o sabor, a textura, etc) e como diferentes técnicas de cociñado afectan ás propiedades nutritivas. Deste xeito, establece as bases para mellorar as sementes en función dos condicionantes de cada lugar de cultivo e os modos de cociñado que permiten manter un maior valor nutricional. O traballo de investigación conta con financiamento da Consellería de Innovación e Industria que, a través do Plan Galego de I+D+i 2006?2010 (INCITE), concedeu ao grupo de Mellora e Xenética de Brásicas da Misión Biolóxica, en 2006, un total de 80.000 euros no marco do Programa de Recursos Agropecuarios. Alto contido en calcio Os grelos e as nabizas teñen un alto contido en calcio, o que fai que sexan alimentos recomendables para persoas que padecen osteoporose e unha alternativa axeitada para organismos con intolerancia á lactosa. Outro dos beneficios para a saúde que achegan estes vexetais derívase das propiedades antioxidantes que proporciona a vitamina C, outro dos elementos que conteñen. O problema que se presenta para que estes elementos cheguen ao consumidor é que o procesado e a cocción dos alimentos fai que se perdan parte das propiedades. Colaborar co sector empresarial Ademais, segundo indica Pablo Velasco, investigador principal do proxecto, o grupo de investigación espera contar coa colaboración do sector empresarial para a explotación dos resultados. As variedades de grelos e nabizas, ademais de ser locais son moi variables, e dentro dunha plantación feita coa mesma semente as plantas poden ter propiedades diversas ou florecer nun período diferente. A intención da Misión Biolóxica é que o interese de empresas por eliminar esta variabilidade faga que, entre as dúas partes, ?se traballe para optimizar as sementes, acadando variedades estables, uniformes, melloradas e resistentes a pragas?.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias